Rías do Sur acollerá o sábado a Copa Galega Absoluta de waterpolo
Por Redacción
A piscina olímpica de Ponte Muíños será sede este próximo sábado, día 31 de maio, dunha intensa xornada de waterpolo coa disputa da Copa Galega Absoluta.
Oito equipos disputaranse o trofeo dende as 10:00 horas da mañá. Serán o anfitrión CW Galaico Pontevedra, cos seus dous equipos, e os clubs de CN Coruña, CW Santiago, RCN Vigo, Marina Ferrol, CW Umia e CW Ourense.
Pola súa banda o título feminino decidirase nunha final directa entre Galaico e CN Coruña.
O sistema de competición será de eliminatoria directa dende os cuartos de final co seguinte horario:
- 10:00 horas. CW Galaico A - CW Galaico B
- 11:15 horas. RCN Vigo - CW Ourense
- 12:30 horas. CW Umia - CM Ferrol
- 13:45 horas. CN Coruña - CW Santiago
- 15:15 horas. Primeira semifinal
- 16:30 horas. Segunda semifinal
- 17:45 horas. Final feminina. CW Galaico - CN Coruña
- 19:00 horas. Final masculina