Lourdes Domínguez cae en primeira rolda de Roland Garros ante Casey Dellacqua
Por Redacción
Lourdes Domínguez non puido pasar de primeira rolda no cadro individual do Roland Garros, segundo Grand Slam do ano, despois de caer ante a asutraliana Casey Dellacqua por un tenteo de 7-5 e 6-3 en 1 hora e 22 minutos de xogo.
A tenista pontevedresa arrancou o partido de xeito inmellorable, poñéndose 0-3 con dous breaks de vantaxe, pero non puido manter a renda ante o ímpeto de Dellacqua.
A australiana logrou igualar o marcador (4-4) antes de afrontar un xogo decisivo, con empate a cinco e servizo de Lourdes, que se lle escapou á deportista lerezana despois varias igualadas e tras desperdiciar catro bólas para levarse o xogo.
Foi un duro golpe para Lourdes Domínguez, que viu como lle ía o set tras unha loita de case 50 minutos.
Na segunda manga a pontevedresa viuse superada de xeito máis claro para rematar cedendo o partido.