A Caeira concentrará a actividade do tenis galego durante a fin de semana
Por Redacción
As instalacións do Club de Tenis Pontevedra na Caeira centrarán a atención do tenis galego durante a fin de semana, coa disputa das finais, masculina e feminina, do Campionato Galego por equipos en categoría absoluta e en idade cadete.
Neste segundo caso a cita ademais é clasificatoria para o Campionato de España da categoría.
O programa de competición arrancará ás 10:00 horas do sábado, co enfrontamento entre os equipos absolutos do Club de Tenis Pontevedra e o Club de Tenis Coruña, quedando para a tarde a outra semifinal entre Club de Campo Ferrol e Casino da Coruña.
Tamén en horario vespertino será quenda para a categoría absoluta feminina, coa participación de Club de Tenis Coruña, Sociedade Deportiva O Salgueiro, Ureca e Squash Santiago.
Pola súa banda as semifinais cadetes iniciaranse cos equipos masculinos do Casino da Coruña e Club de Tenis Rial, que loitan por estar nunha final na que xa espera o Náutico de Vigo.
En categoría feminina o que espera rival para a final é a Sociedade Deportiva O Salgueiro, que se enfrontará a Náutico de Vigo ou Casino da Coruña.
En todos os casos as finais se disputarán durante a xornada do domingo.