Partido de trámite para o Poio FS na visita ao último Vallirana
Por Redacción
Antepenúltima xornada de liga para o Poio Fútbol Sala na Primeira División Feminina.
As vermellas, xa salvadas, visitan ao Vallirana barcelonés coa intención de lograr un triunfo que lles permita concluír na mellor posición posible o seu primeiro ano na máxima categoría.
Marcios Santos, que non se fía do seu rival malia a goleada lograda na primeira volta na Seca, conta coa dúbida ata última hora da súa guardameta Silvia, con molestias durante toda a semana.
Ademais o técnico do Poio deixa en casa ás canteranas Tania e Nerea, que reforzan este fin de semana ao filial na volta dos cuartos de final da Copa Galega.
Desta forma, a convocatoria para o encontro compóñena: Carmen, Silvia, Elena, Charo, Paloma, Ceci, Claudia, Yoly, Peke e Kiko.
O partido dispútase este sábado (19:00 horas) no pabellón de Santa Coloma de Cervelló, ao non estar dispoñible a cancha habitual do Vallirana.