Tranquila goleada do Portonovo ante o Melias (5-1)
Por Redacción
Cómodo triunfo do Portonovo no seu último partido da tempada en Baltar.
Os arlequinados pasaron por enriba do Melias (5-1) e dende os primeiros minutos dominaron o xogo e o marcador.
Iván Piñeiro e Suso Vidal, por partida dobre, puxeron en clara vantaxe aos locais antes do descanso, mentres Gándara e Marcos Branco completaron unha goleada que só logrou maquillar o Melias co tanto de Antón.
Tras este triunfo o Portonovo sitúase na undécima praza con 51 puntos.
PORTONOVO SD (5): Iván Parada (Fernando, min.51), Gándara, Ivñan Renda, ÿscar García (Dopazo, min.82), Suso Vidal, Nacho, Suso Martínez (Anxo, min.76), César (David Castro, min.53), Luis Alberto, Suso Bea, Iván Piñeiro (Marcos Blanco, min.63).
SD MELIAS (1): Aarón, Andrés, Alejandro, Diego Pena, Adrián, Dani Vázquez, Alberto, Pablo Carrera, Sergio Gil, Antón (Borja, min.84), Docampo.
Árbitro: Miño Pico. Amoestou a Suso Bea nos locais e a Diego Pena nos visitantes.
Goles: 1-0 Iván Piñeiro, min.25; 2-0 Suso Vidal, min.34; 3-0 Suso Vidal, min.40; 4-0 Gándara, min.71; 4-1 Antón, min.77; 5-1 Marcos Blanco, min.82.
Incidencias: Partido disputado no campo de Baltar, Portonovo.