O Villalonga empata na Illa (0-0) e queda sen opcións
Por Redacción
Xusto empate na Illa entre Céltiga e Villalonga no Salvador Otero (0-0) nun encontro con poucas ocasións pero que puido caer para calquera dos dous bandos.
O punto resulta insuficiente para os celestes, que co triunfo do Sanxenxo se despiden da opción de ascender de xeito directo a Terceira División.
Agora os de Julián Ferreiro fíanse á promoción en busca de aproveitar as posibles prazas dispoñibles se máis dun equipo galego ascende a Segunda B, pois o Villalonga se mantén no terceiro lugar con tres puntos de vantaxe sobre o cuarto, o Valladares.
Pola súa banda o Céltiga achégase á salvación grazas ao empate, aínda que deberá referendalo na última xornada de liga.
CÿLTIGA FC (0): David, Álex Fernández, Carlos, Nogueira, Alberto (Ameneiro, min.52), Roberto (Calvo, min.88), Borja (Javier, min.85), Lucas, Lozano, Diego Lorenzo (Galdámes, min.65), Janeiro.
VILLALONGA CF (0): Lloves, Leo (Gabriel, min.61), Cristóbal (Giao, min.74), Manu, Caamaño, Saúl, Machu, Alberto, Adrián, Arias, Antonio.
Árbitro: Miñán Fernández. Amoestou a Borja nos locais e Cristóbal e Antonio nos visitantes.
Incidencias: Partido disputado no Salvador Otero da Illa.