O Peixe Galego despídese do Nacional Júnior coa cabeza alta
Por Redacción
A andaina do equipo júnior do Marín Peixe Galego no Campionato de España chegou á súa fin nos cuartos de final despois de protagonizar un notable torneo.
O conxunto anfitrión, tras eliminar o CAI nos oitavos, non puido ante un Baskonia (74-87) ao que plantou cara pero que soubo conservar a vantaxe de dez puntos que logrou no primeiro cuarto, o máis frouxo do Peixe.
Os pupilos de Javi Llorente chegaron a crer no milagre, pero remataron por ceder coa cabeza alta ante un Pavillón da Raña entregado cos seus.
O Nacional Júnior de Marín afronta agora os seus enfrontamentos definitivos nunhas semifinais de luxo que este venres protagonizan Real Madrid e Cajasol por un lado e Baskonia e Unicaja por outro.