O Mundial de Duatlón en Pontevedra romperá todos os récords de participación
Por Redacción
Pontevedra converterase o próximo 31 de maio e 1 de xuño na sede dun Mundial de Dúatlon que máis atletas acolla na historia desta proba. Segundo apuntaba o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, apuntáronse 1.415 duatletas para esta cita procedentes de 30 países dos cinco continentes.
A maior participación chegará dende Gran Bretaña con 349 duatletas mentres que españois serán 337, entre eles aparece o ferrolán Javier Gómez Noya que, segundo o concelleiro, se agarda que poida participar en Pontevedra a tenor dos bos resultados que está a obter nas series mundiais.
Está confirmada a participación do gañador do Mundial de 2012, Emilio Martín, así como a do belga Jorik Van Egdom, que intentará defender o seu título de campión logrado en Ottawa (Canadá) en 2013.
Por outra parte, a campaña de recepción de voluntarios xa finalizou con 484 persoas apuntadas que, a partir deste sábado, iniciarán a súa formación para asistir durante o Campionato Mundial cunha formación de primeiros auxilios, un curso de inglés básico e unha aprendizaxe de datos turísticos.
O Mundial pechará cunha gran festa na explanada superior do Recinto Feiral e un concerto da Orquestra Panorama. Comezará ás 22.00 horas e o acceso é libre.
Relacionadas:
-
O Campionato do Mundo de Dúatlon preséntase prometendo "un grande espectáculo"
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya renuncia a competir no Mundial de Dúatlon de Pontevedra
Por Redacción |
-
Ambicioso plan de mobilidade na cidade durante a celebración do Mundial de Dúatlon
Por Diego Espiño |
-
Os clubs da bisbarra preparan o seu asalto ao Mundial de Dúatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Gómez Noya, máis preto de competir no Mundial de Dúatlon de Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
A Orquestra Panorama pechará cun concerto os actos do Mundial de Dúatlon
Por Diego Espiño |