Día de ximnasia na praia da Concha
Por Redacción
Facer un pouco de deporte e animar a xente a practicalo. Con ese obxectivo o Club Ximnasia Deportiva Arousa protagonizou este sábado unha exhibición na praia da Concha.
Os que por alí pasaron gozaron das demostracións por parte dos ximnastas e mesmo puideron animarse a probar algúns exercicios.
O club deportivo instalou para iso diversos aparatos na praia durante case tres horas, ata as 22:00 da noite.