O 3 x 3 de baloncesto do Arxil congrega o luns a máis de 1.000 participantes en 31 canchas
Por Redacción
Un ano máis, e cúmprese a 13ª edición, a avenida de Monteiro Ríos, en Pontevedra, converterase nunha enorme pista de baloncesto, a mellor dito, en 31 pistas simultáneas, para albergar o Torneo de baloncesto 3 x 3 que organiza o CB Arxil, e que de novo baterá récord de participantes, xa que se espera superar a cifra de 1.000 escolares de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria pertencentes a once colexios de Pontevedra, cifra que igualmente supera o número de centros do pasado ano, no que fora oito os colexios participantes.
Será o luns día 5, a partir das 9:50 da mañá e ata as 13:30 horas. Os partidos non terán finalidade competitiva senón unicamente se divertir e promover entre os máis pequenos o deporte da canastra.
Nesta ocasión o "Día do baloncesto" celébrase como complemento o "Road Show" que a Federación Española de Baloncesto despregou durante todo o fin de semana na cidade, para promover o Campionato do mundo do próximo verán.