Mecos álzase co Campionato de España Xuvenil de bateis e Vilaxoán co Promesa feminino
Por Redacción
Bo papel de Club de Remo Vilaxoán e Club de Remo Mecos no LXXI Campionato de España de Bateis, celebrado a pasado fin de semana na localidade cántabra de Camargo.
O máis destacado foi o club do Grove, con dous cuartos postos nas categorías Absoluta feminina e Cadete masculina e principalmente o primeiro lugar da tripulación Xuvenil masculina, campioa por diante de Orio e Tirán, a 8 e 11 segundos respectivamente da embarcación meca.
Tamén lograron proclamarse campioas de España as rapazas da categoría Promesa do CR Vilaxoán nunha disputada quenda final ante Astillero, que entrou a cinco segundos, e Orio, a doce.
Galicia pechou ademais o campionato cos títulos de Chapela en Absoluta feminina, Cabana en edad Cadete masculina e Cabo de Cruz en Sénior masculina.