Sergio Míguez quédase a un punto do liderado na Copa de España Elite e Sub-23
Por Redacción
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz ten máis preto unha das competicións que máis se lle resistiu dentro do calendario nacional, a Copa de España Elite e Sub-23.
O seu corredor Sergio Míguez podería ser o primeiro da escuadra alimenticia en facerse co título se mantén o rendemento que lle situou na segunda praza da xeral a un só punto do liderado, que ocupa o ciclista Unai Intziarte (Gipuzkoa).
Míguez recortou en 32 puntos a distancia que o separa do maillot amarelo despois de finalizar en quinto lugar no Memorial Pascual Momparler, celebrado na localidade valenciana deVillanueva de Castelló.
A cita presentábase como unha das máis complicadas da Copa de España, con 36 quilómetros de paveses que podían marcar a diferenza.
Ao final aínda que as escapadas foron constantes, a última con Cristóbal Sánchez entre os fuxidos, o Memorial decidiuse ao sprint, no que se impuxo o ruso Vadim Zhuralev (Lokosphinx) con Sergio Míguez en quinto lugar.
Pola súa banda o líder da xeral entrou no posto décimo terceiro afectado por unha caída nos quilómetros finais.
A próxima cita da Copa de España será a Clásica de Santa Cruz, en Legazpi, o próximo xoves 1 de maio.
PEDRO MERINO GAÿA A CLÁSICA DE PASCUA DE PADRÿN
Unha das fichaxes do ano do equipo dirixido por Evaristo Portela, Pedro Merino, adxudicouse a primeira proba da tempada do calendario galego, a Clásica de Pascua de Padrón.
A proba estivo dominada polo Froiz, que colocou ademais a José Luis Mariño no cuarto posto e a Antonio de Segovia no quinto.
Relacionadas:
-
Unai Intziarte lévase a Copa de España e deixa sen premio o Froiz
Por Redacción |
-
Sergio Míguez cede terreo nas súas aspiracións á Copa España a falta dunha proba
Por Redacción |
-
As aspiracións do Froiz na Copa de España, a proba en Valencia
Por Redacción |
-
Oitavo posto para Sergio Míguez na Valenciaga para aproximarse ao liderado da Copa de España
Por Redacción |