Terceiro e quinto posto da Gimnástica no Campionato de Galicia de Clubs
Por Redacción
A Sociedad Gimnástica logrou esta fin de semana en Lugo o título honorífico de mellor club do Campionato Galego ao Aire Libre, grazas ao terceiro posto do equipo masculino e ao quinto do feminino.
Os rapaces, a pesar de aspirar ao primeiro posto, tivo que conformarse co bronce nunha competición dominada polo Celta.
A descualificación de Darío Costas nos 100 metros lisos e a lesión de Iván Maceiras no 4x100 penalizaron a un conxunto que logrou cinco vitorias parciais, as de Víctor Gallego en peso e disco, David Rocha en martelo, David Ferrer en lonxitude e Santi Ferrer en pértega.
Pola súa banda as rapazas concluíron na quinta posición nun campionato que se adxudicou de xeito claro o Ría de Ferrol.
Eva Iglesias logrou o único triunfo parcial para as pontevedresas, nos 5 quilómetros marcha.