Tropezo inesperado do Ribadumia ante o Barco (0-1)
Por Redacción
Sorpresa na Senra co triunfo do Barco ante o líder Ribadumia (0-1).
Os de Gabriel Leis saíron a polo triunfo dende os primeiros minutos, pero un gol de Javier Recaman á media hora desnivelou a balanza en favor dos visitantes.
A pesar dos intentos os locais non lograron remontar certificando a derrota.
A pesar diso o Ribadumia continúa no liderado con cinco puntos de vantaxe sobre a terceira praza a falta de tres xornadas para a conclusión da liga.
RIBADUMIA CF (0): Pajarillo, Pacheco, ÿscar Río, Martín, Jorge (Pablo Piñeiro, min.46), Bistilleiro (Iago Paz, min.58), Daniel (Manu Nieto, min.72), Fernando, Pablo Porta, Changui, Álex.
CD BARCO (1): Marcos, Ramos, Daniel Arias (Guntiñas, min.67), Jorge Lamas, Omar, Rivadulla, Javier Recaman (Ekedi, min.46), Borja, Diego Fernández (David Pérez, min.89), Brais, Diego Tato (Godfred, min.87).
Árbitro: González Franco (Ferrol). Amoestou a Bistilleiro, Fernando, Iago Paz, Pablo Piñeiro e Pacheco nos locais e a Diego Fernández, Brais, Marcos, Borja e ao adestrador Javier Rey nos visitantes.
Gol: 0-1 Javier Recaman, min.33.
Incidencias: Partido disputado no campo da Senra, Ribadumia.