A Gimnástica busca en Lugo o título de Campión de Galicia
Por Redacción
Despois de cinco anos consecutivos logrando o subcampionato galego de clubs ao aire libre, a Sociedad Gimnástica aspira este sábado en Lugo a subir ao caixón máis alto do podio.
O club pontevedrés volve partir como un dos grandes favoritos na cita, que terá como sede o Estadio Gregorio Pérez Rivera.
Ás 11:00 horas do sábado abrirase unha competición que se presenta a priori moi igualada e na que os relevos poden xogar un papel esencial, debido a que puntúan dobre.
De feito hai dous anos unha descualificación nos relevos afastou a Gimnástica do título autonómico.
A expedición lerezana partirá dende o Pavillón Municipal dos Deportes o mesmo sábado ás 8:15 horas da mañá.