Silgar, epicentro do I Tríatlon Rías Baixas
Por Redacción
Sanxenxo poderá gozar do tríatlon o próximo sábado 10 de maio coa primeira edición do Tríatlon Rías Baixas, organizado polo Motobike Pontevedra.
A proba, única en Galicia sobre distancia olímpica na que non está permitido rodar en grupo no sector ciclista, foi presentada este xoves no Concello.
Un total de 350 deportistas estarán presentes na cita, que arrancará na praia de Silgar cos 1,5 quilómetros a nado do primeiro sector.
A zona de transición estará situada na explanada do Real Club Náutico, dende onde os participantes encararán os 40 quilómetros de bicicleta nun circuíto que se prolongará ata A Lanzada e ao que haberá que dar dúas voltas.
Para finalizar o tramo a pé desenvolverase por un percorrido de 5 quilómetros ata Portonovo ao que está previsto dar dúas voltas para completar os dez regulamentarios.