Os mellores padexeiros galegos e nacionais cítanse en Verducido na Copa de España de 1.000 metros
Por Redacción
O encoro de Pontillón do Castro, en Verducido, acollerá esta fin de semana a primeira das grandes probas que organizará a Federación Española na pista pontevedresa nos próximos meses, a Copa de España de 1.000 metros.
Trátase dunha das citas máis importantes da tempada no piragüismo nacional, ao ser unha distancia olímpica, polo que se espera a presenza dalgúns dos mellores padexeiros galegos e nacionais entre os 500 participantes confirmados, como ÿscar Graña, Sergio Vallejo, José Luis Bouza, Adrián Sieiro, Tono Campos, Francisco Cubelos, ÿscar Carrera, Rodrigo Germade, André Oliveira, Carlos Pérez 'Perucho' ou Rubén Millán, entre outros.
Durante o fin de semana os deportistas competirán nas modalidades de C-1, C-2, K-1, K-2 e K-4 nunha cita que será puntuable pata a Liga Nacional de pista e que contará tamén con competición feminina, aínda que neste caso na distancia de 500 metros.
A Copa de España iniciarase ás 9:00 horas do sábado cunha xornada intensiva de mañá e tarde e finalizará o domingo a mediodía.