Subir ao podio, obxectivo do tándem Echegoyen-Betanzos na última cita da Copa do Mundo
Por Redacción
Támara Echegoyen e Berta Betanzos buscarán dende este luns pechar a súa participación na Copa do Mundo de Vela cun podio na localidade francesa de Hyeres.
Subirse ao caixón referendaría a gran progresión do dúo galego-cántabro na clase de 49 er FX no seu camiño a Río 2016, despois do quinto lugar logrado no recente Trofeo Princesa Sofía de Palma tras protagonizar unha notable remontada.
Sen embargo a patroa pontevedresa só pensa en mellorar os seus puntos débiles na que é a quinta e última proba da tempada na ISAF Sailing World Cup, por iso asegura que "nuestro objetivo en Hyeres es luchar cada manga, mejorar cada día y aprender de cada error".
Echegoyen sinala como clave a boa adaptación a un campo de regatas complicado: "He vivido Hyeres muy duros, con condiciones de viento fuertes, y otros todo lo contrario, con grandes esperas y muy poco viento. Esperemos tener un buen parte y poder salir al agua todos los días", concluíu a campioa olímpica.