Fexdega xa vibra coa IX Vilagarcía Basket Cup
Por Aitana Vidal & Diego Espiño
A décimo novena edición da Vilagarcía Basket Cup arrancou no recinto feiral de Fexdega da capital arousana cunha alta participación de equipos e unha nutrida presenza de afeccionados ao deporte da canastra.
En total serán 114 os equipos que tomen parte no torneo de base en idade benxamín, alevín, cadete e júnior ata o próximo 19 de abril.
Ademais a Vilagarcía Basket Cup recupera este ano o seu torneo internacional cun triangular entre as seleccións nacionais de España (sub-17), Francia (sub-17) e Arxentina (sub-18).
Na primeira xornada víronse as caras España e Arxentina (92-51) cunha segunda metade espectacular do conxunto español, continuando o triangular este xoves co Arxentina-Francia e o venres co España-Francia, ambos os dous ás 18:00 horas.