O Setga Monteporreiro finaliza a liga en quinta posición
Por Redacción
A un paso da fase de ascenso á Superdivisión Feminina de Tenis de Mesa quedouse o Setga Monteporreiro, que finalizou a tempada na quinta praza no seu grupo da División de Honra.
O equipo pontevedrés despediuse da competición cun apertado triunfo na casa (4-3) ante o Santa Euralia, pero non lle foi sufienciente para alcanzar o terceiro posto do School Zaragoza, con quen empatou a puntos, saíndo prexudicadas as lerezanas do triplo empate final entre terceiro, cuarto e quinto.
A formación do Monteporreiro neste último partido estivo composta por Victoria e Elísabet Cadilla, Estefanía Conic e Ana Pérez, logrando remontar un marcador adverso de 3 a 1 para impoñerse no partido de dobres e certificar o triunfo final.
En canto ao conxunto masculino do club, o Enmacosa Monteporreiro, a falta dunha xornada para finalizar a súa liga xa ten asegurada a súa presenza un ano máis na División de Honra do tenis de mesa nacional.