Álex Freire rompe o ligamento cruzado e di adeus á tempada
Por Redacción
Non parecía unha lesión tan grave nun principio, pero os peores prognósticos cumpríronse e Álex Freire di adeus á tempada ao terse roto o ligamento cruzado anterior do seu xeonllo.
O futbolista pontevedrés do Arosa retirouse o pasado domingo do campo aos poucos minutos de comezar o partido ante o Cerceda, co que parecían problemas no seu menisco, segundo recoñece o club arlequinado.
Tras realizarlle unha resonancia magnética confirmouse a lesión no mesmo xeonllo, a dereita, que xa lle mantivo apartado dos terreos de xogo durante unha longa tempada na súa etapa no Coruxo.
O peor para o club de Vilagarcía é que a lesión non veu soa, pois o futbolista da canteira Cheri padece a mesma doenza, rotura do cruzado, tras caer lesionado nun encontro do equipo xuvenil.