Támara Echegoyen e Berta Betanzos: Estamos tatuadas de golpes por todo el cuerpo
Por Redacción
Puntos no xeonllo, unha man escaiolada, vultos, inflamaciones...son algúns dos contratempos sufridos mentres o tándem galego cántabro se foi adaptando ao 49er FX, un barco extremo no que só levan competindo un ano.
"Estamos tatuadas de golpes por todo el cuerpo, aunque cada vez aparecen menos a medida que vamos controlando el barco", recoñecen as regatistas Támara Echegoyen e Berta Betanzos, que navegan xuntas na clase 49er FX na 45ª edición do Trofeo Princesa Sofía, que se disputa ata o 5 de abril en augas da baía de Palma de Mallorca.
De feito, a maior dificultade que se encontra o equipo formado pola ouro de Londres en Match Race e a campioa do mundo de 470 é controlar o barco con ventos fortes e onda: "Es complicado, aunque a lo largo de este año hemos ido evolucionando muy bien", sinala Echegoyen, mentres Betanzos apunta que "es un barco que te exige tomar decisiones con mucha rapidez".
O seu principal obxectivo para esta tempada está posto no Mundial de clases olímpicas que se disputará o próximo mes de setembro en Santander, onde esperan clasificar a España para os Xogos Olímpicos de Río 2016.
"Queremos ser el equipo que represente a nuestro país en los Juegos, aunque sabemos que queda mucho trabajo y camino por recorrer. El aprendizaje va parejo al tiempo. De momento, estamos contentas con nuestra progresión", asegura a patroa galega.
Ambas as dúas regatistas consideran acertada a súa aposta polo 49er FX, xa que coinciden en sinalar que "la adrenalina que te genera navegar a esas velocidades no se alcanza en otros barcos", se ben tamén indican que "a mayor velocidad, mayor riesgo, y eso es lo que da espectacularidad a esta clase".
"Hay mucho nivel en España en la modalidad masculina del 49er y eso nos ayuda a mejorar rápidamente", comenta Echegoyen, para quen é "todo un reto navegar en esta clase, un cambio radical a todo lo que había hecho con anterioridad".
A medallista olímpica participou en anteriores edicións do Trofeo Princesa Sofía en Match Race, en 470, en Laser Radial e agora en 49 er FX, o que, nas súas propias palabras, a converte nunha regatista moi polivalente: "He vivido el papel del tripulante y el de líder de equipo, aunque echo de menos tener una progresión de cuatro años en una misma categoría", asegura.
Támara e Berta séntense cómodas navegando e competindo xuntas porque confesan ser "muy parecidas a la hora de trabajar y exigirse".
"Creo que formamos un buen tándem y que nos complementamos muy bien. Hemos conseguido unificar nuestras respectivas experiencias y contar con un equipo que nos ayuda a afrontar cada regata: entrenador, preparador físico, masajista", sinala a regatista cántabra.
As súas xornadas de traballo comezan ás 8:00 da mañá e esténdense ata pasadas as 21:30 horas, onde combinan os adestramentos na auga e no ximnasio, a reunións técnicas ou o visionado de imaxes de regata.
A súa base de adestramento está en Santander, aínda que adoitan viaxar a diferentes sitios como Palma para adestrar con diferentes condicións meteorolóxicas típicas.
Respecto á preparación física, as deportistas recoñecen que non é excesiva: "Entrenamos las mismas horas que antes pero de diferente forma. Lo importante ahora es ser ágiles".
Relacionadas:
-
Primeira vitoria de Támara Echegoyen e Berta Betanzos en 49er FX, na Semana de Kiel (Alemaña)
Por Redacción |
-
Subir ao podio, obxectivo do tándem Echegoyen-Betanzos na última cita da Copa do Mundo
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen, duodécima no Arenal Training Camps Trophy, coa vista posta no Trofeo Princesa Sofía
Por Redacción |
-
Támara Echegoyen busca en Palma situarse en "el top de la clase" 49er Fx
Por Redacción |