BM Pontevedra imponse con facilidade (32-22) ao último Pabellón Ourense
Por Redacción
Cómoda vitoria do BM Pontevedra ante o último da categoría. O Pabellón Ourense apenas resistiu durante 10 minutos, conseguindo poñerse por diante no marcador, pero un parcial de 4-0 dos de Pedro Pérez permitiríalles tomar as rendas do partido e ir distanciándose paulatinamente ata sumar dous puntos que lle deixan a salvo de calquera complicación.
Os sete goles de vantaxe que reflectía o marcador ao descanso deixaban as cousas claras sobre a superioridade pontevedresa, que se fixo máis patente no segundo período, cunha máxima diferenza de 11 goles, mediado este segundo parcial, que mesmo puido ser máis ampla.
BM PONTEVEDRA (32): Pablo Galán, Anxo Otero; Gonzalo García (1), Alberto Garrido (5), Daniel Gómez (5), Iglesias (2), Fernando Rey (1), Jorge Rodríguez (2), Ángel Soliño (12), Javier Suárez (3) e Hugo Urtaza (1).
PABELLÿN OURENSE (22): David Neves, Diego Marí; Alejandro Campos (2), Julio Marí, Jorge Noguerol, Víctor Novoa (1), Borja Pérez (1), Xurxo Pérez (1), Juan Carlos Quintas (4), Jorge Rodríguez (3), Álex Ruiz (4), Francisco Varela (2) e Alberto Diz (4).
Árbitros: Soraya Abelenda Martínez e Ana Correa Araújo (Colexio galego). Excluíron por dous minutos a Julio Marí, polos visitantes, e a Alberto Garrido e Javier Suárez, polos pontevedreses.
Marcador (cada cinco minutos): 3-3, 4-6, 8-6, 10-7, 12-8, 17-10 (descanso), 20-13, 22-15, 27-16, 29-18, 31-21 e 32-22 (final).
Incidencias: Pavillón Municipal dos Deportes (Pontevedra). Uns 75 espectadores.