Empate sen goles entre Céltiga e Portonovo (0-0)
Por Redacción
Empate a todo para Céltiga e Portonovo no Salvador Otero da Illa.
O medo a unha derrota apoderouse de ambos os dous equipos, que remataron ofrecendo un partido con poucas ocasións de gol.
A repartición de puntos non resulta suficiente para que ningún dos dous conxuntos escape dos postos perigosos da clasificación.
Deste modo o Céltiga queda na décimo sexta posición con 35 puntos, mentres o Portonovo, con dous puntos máis, se encontra na décimo cuarta praza.
CÿLTIGA FC (0): David, Mougan (Rial, min.70), Carlos, Nogueira, Álex Álvarez (Iago Martínez min.46), Carracelas, Unai, Vidal (Galdames min.46), Calvo, Lozano, Janeiro.
PORTONOVO SD (0): Iván Parada, Gándara, Iván Renda, ÿscar García, Suso Vidal (Brian, min.61), Víctor, Silva, Nacho, Dopazo, Luis Alberto (Iván, min.77), Álex Cubas.
Árbitro: Miño Pico (Ferrol). Amoestou a Nogueira nos locais e a Silva nos visitantes.
Incidencias: Partido disputado no Salvador Otero da Illa de Arousa.