Goleada do Villalonga que resolve nun minuto o derbi (0-3) co Xuventú Sanxenxo
Por Redacción
Un minuto abondou ao Villalonga para resolver o derbi co Xuventú Sanxenxo. Pero para que iso sucedese foi fundamental a actuación de Sergio Lloves, que detivo un penalti a Darío, pouco antes do descanso, evitando que os locais se adiantasen no marcador.
A vitoria do equipo que adestra Julián Ferreiro evita que o Sanxenxo se escape na clasificación, á par que aperta moito os postos de ascenso na Rexional Preferente, tras o derrota do Ribadumia en Mondariz nesta mesma xornada.
O partido foi o típico de rivalidade, con máis emoción que xogo e ambiente de gala nas bancadas, nas que reinou sempre a máis exquisita deportividade.
A xogada crave do partido chegou no minuto 43, cando Leo derruba a Darío dentro da área. O mesmo Darío se encarga do lanzamento, pero Lloves adiviña a traxectoria do balón e mándao a corner.
Pero se importante foi a intervención de Lloves, tanto ou máis a presenza de Saúl na segunda parte. Das súas botas naceron os tres goles visitantes, dous deles obra de Machu nun só minuto, que sentenciaban o partido, poñendo a guinda para os de San Pedro, Antonio, e conseguindo un resultado que lles permite manter esperanzas de ascenso directo, ao colocarse a só catro puntos do Ribadumia.
XUVENTÿ SANXENXO (0): José; Minso, Darío, Javi, Fon, Deivi (Tinaia, min. 49), Diego Blanco, Rober (Hugo, min. 69), Nel, Cañi (Cuchi, min. 68) e Cerqueiras (Aguín, min. 79).
VILLALONGA FC (3): Lloves; Gabi, Leo, Cristóbal (Cuqui, min. 83), Manu, Antonio (Martín, min. 89), Ramón (Saúl, min. 46), Adrián Santos, Jorge Fernández (Giao, min. 81), Alberto e Machu.
Árbitro: Villanueva Carballo (Pontevedra). Expulsou o xogador do Sanxenxo, Cuqui, con vermello directo (minuto 91). Amoestou aos locais Darío e Diego Blanco, e ao visitante Leo.
Goles: (0-1) Minuto 67: Machu. (0-2) Minuto 68: Machu. (0-3) Minuto 77: Antonio.
Incidencias: Campo de Baltar de Arriba (Sanxenxo). Preto de 500 espectadores.