Freada do Arxil tras caer a domicilio ante o Celta Selmark (71-58)
Por Redacción
A inspiración de Minata Keita, con 26 puntos, 10 rebotes e 37 de valoración, non foi suficiente para un Arxil que non tivo o seu día en Navia.
As verdes víronse superadas polo Celta Selmark (71-58) principalmente na segunda metade do encontro, porque despois dun primeiro cuarto de igualdade no segundo as pontevedresas se puxeron por diante para chegar ao intermedio en vantaxe (35-40).
Pero á volta de vestiarios o guión cambiou, cun Celta que logrou un parcial de 14-0 para dar a volta ao partido.
O Arxil reaccionou, pero as locais pegaron un último estirón para asegurarse o triunfo e gañar ademais o basketaverage, un aspecto que pode resultar decisivo nunha apertada Liga Feminina 2.
A pesar da derrota, o conxunto lerezano segue a dúas vitorias da cuarta praza, aínda que cae á sétima posición.
RC CELTA SELMARK (71): Isa Herbello (9), Begoña Pallardó (11), Marta Canella (7), María Pérez (13), Ángela Coello (7) -cinco inicial- Cristina Loureiro (13), Laura Alonso (2), Eva Novoa, Nogaye Lo (4), Iria Varela (5).
CB ARXIL (58): María González (4), Ana Martín, Carla Fernández, María Lago (8), Minata Keita (26) -cinco inicial- María Carrera (3), Jara Tuda (5), Fany López (2), Cristina Díaz-Pache (4), Sandra Entenza (6).
Árbitros: Iglesias Ambrosio e Rivadulla Boente. Eliminada por faltas Ana Martín no Arxil.
Parciais: 15-15, 20-25, 14-5, 22-13.
Incidencias: Partido disputado no pavillón de Navia, Vigo.