Triunfo a domicilio do TM Monte Porreiro para empezar a liga na Superdivisión
Por Diego Espiño
Positivo inicio de tempada na Superdivisión Masculina para o Tenis de Mesa Monte Porreiro.
O conxunto pontevedrés arrancou a competición cun enfrontamento a domicilio fronte a Les Borges Vall catalán que superou con solvencia.
André Silva foi protagonista ao sumar dous puntos vencendo aos locais Marc Durán e Joan Masip, mentres que Miguel Ángel Vílchez e Martín Betancor tamén venceron os seus partidos fronte aos mesmo rivais para certificar o triunfo por 2-4.
De nada valéronlle ao Borges os puntos sumados Norbert Tauler coas súas vitorias sobre Bentancor e Vílchez.
Unha estrea convicante para o equipo adestrado por Nando Álvarez que se coloca tras a primeira xornada de liga na máxima categoría no cuarto posto.
Tras este encontro, o seu primeiro enfrontamento como local do curso mediralle o vindeiro domingo 6 de outubro en Príncipe Felipe ao CTT Olot.
Relacionadas:
-
O TM Monte Porreiro aposta polo "equipo máis novo da nosa historia" na División de Honra Feminina
Por Diego Espiño |
-
O TM Monte Porreiro presenta o seu equipo de Superdivisión coa novidade do portugués Gonçalo Gomes
Por Diego Espiño |
-
Satisfacción no TM Monte Porreiro polos resultados da súa canteira no Campionato de España
Por Redacción |
-
Colección de medallas galegas para o TM Monte Porreiro antes de afrontar o Campionato de España
Por Redacción |
-
Aposta pola continuidade no TM Monte Porreiro para a tempada 24-25
Por Diego Espiño |