Rufo dá os primeiros tres puntos da tempada ao Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz
O Pontevedra Club de Fútbol arranca a tempada da mellor maneira posible sumando tres puntos ante o Valladolid Promesas en Pasarón. Os granates realizaron unha moi boa primeira metade, pero desinfláronse na segunda tras o gol de Rufo desde os once metros.
Apertou desde moi pronto o Pontevedra, especialmente por medio dun Chiqui cambiado á banda dereita que tiraba de velocidade e picardía para xerar perigo.
A primeira acción clara chegou no minuto dous tras un balón en longo de Garay que o 11 centrou, pero que Rufo non puido chegar a rematar, e a segunda tras un roubo ao bordo da área. O extremo plantouse diante do porteiro, pero sobroulle un control e a defensa lle encimó enseguida para taparlle a opción de tiro. Cedeu a Iago Novo, pero de novo a zaga desbaratou a acción.
O dominio dos granates continuou en canto a posesión, pero non foi ata o minuto 20 de xogo cando regresou o perigo real, de novo por medio de Chiqui, picou o balón sobre dous defensas para deixarllo a Dalisson e este realizou un control acrobático para, acto seguido, finalizar a xogada cun potente chute que se foi desviado por moi pouco.
Ao redor do minuto 25 produciuse unha tímida reacción do Valladolid aproveitando un erro defensivo do Pontevedra. Balón en longo pola esquerda a Sergi e centro raso a Frimpong, que rematou mal para fortuna dos locais.
E o susto serviu para que os pupilos de Yago Iglesias recuperasen o dominio e o control do balón para responder con dúas claras accións de perigo. A primeira no 27 cun disparo desde a media lúa de Iago Novo, e a segunda e máis clara de Rufo. Parede de Dalisson con Yelko e centro do 10 ao momento de penalti, desde onde o madrileño elevouse para realizar unha maxistral volea que obrigou a Rafús facer unha parada de mérito e enviar a córner.
Puido tamén o Pontevedra facer o 1-0 minutos despois cun roubo no medio campo de Dalisson. O brasileiro meteu a directa cara a portería rival, viu que Chiqui acompañáballe na xogada e deulle o balón, pero de novo o porteiro do Valladolid Promesas estirouse para desviar a saque de esquina o tiro do extremo.
Respondeu o filial valisoletano ao fío do descanso na que foi a primeira e única intervención de Edu Sousa en toda a primeira metade. Delgado centrou e Rulo rematou entre os tres paus.
Tras o paso polos vestiarios o Pontevedra saíu decidido a ir a por os tres puntos e nada máis comezar a segunda metade obtivo o seu premio. Outra acción desde a esquerda entre Chiqui e Dalisson que terminou cun defensor derrubando dentro da área ao brasileiro. Penalti claro que o colexiado pitou e que Rufo encargouse de materializar.
Os minutos pasaban e os granates non conseguían sentenciar. O Valladolid, apoiado nos cambios e na lesión de Héctor Hernández, que tiña que retirarse lesionado tras os seus primeiros minutos oficiais como granate, daba un paso adiante e chegaba a conta pingas á área de Edu Sousa, que salvaba aos seus no 76 tras un córner que Iago Parente rematou ante a pasividade de Mario Gómez, e que despois vía como Sergi enviada desviada por pouco unha falta moi perigosa ao bordo da área.
Entraba o partido na recta final, pero o Pontevedra non conseguiu matalo a pesar de ter unha clarísima ocasión para facelo. Edu Sousa buscou en longo a Dalisson, Alin despexou mal e o 18 cazou o esférico para correr cara a portería e sacar un centro chute ao que Charly non chegou por moi pouco.
Terminou o partido da mellor forma para os granates, que levan o botín dos tres puntos pese ao escaso marcador. Bo xogo, bo ritmo e boas sensacións para unha tempada que non fixo máis que comezar.
PONTEVEDRA CF (1): Edu Sousa, Churre, Mario Gómez, Iago Novo (Álex González, min. 64), Rufo (Charly, min. 80), Yelko, Chiqui (Cambil, min. 80), Samu, Dalisson, Garay e Héctor (Xabi, min. 66).
VALLADOLID PROMESAS (0): Rafús, Ortuño (Gabriel, min. 71), Verde, Frimpong, Sergi, J. Delgado (Mariano, min. 71), Iago Parente, Alin, Hugo San (Arco, min. 82), A. Pascual (Neira, min. 59) e Rulo (Yago, min. 59)
Árbitro: Sergio Álvarez Ordóñez, auxiliado en bandas por Javier Gurpegui Güevea e Ismael Iraqui Intre (Asturias). Amoestaron a Dalisson (50') no Pontevedra e a Verde (44'), Frimpong (69') no Valladolid Promesas.
Goles: 1-0, Rufo de penalti (min. 54)
Incidencias: Partido da xornada xornada 1 de liga no Grupo I de Segunda RFEF disputado no Estadio Municipal de Pasarón ante 2.194 espectadores.
Relacionadas:
-
Un Compostela "con caras novas pero máis rodado que o que nos enfrontamos a tempada pasada"
Por Diego Espiño |
-
Héctor Hernández, aínda sen diagnóstico e a falta de máis probas "para evitar un caso como o de Borja o ano pasado"
Por Diego Espiño |
-
Yelko Pino: "Que haxa xente que non baixou do barco reconforta moito e dálle forza ao equipo"
Por Diego Espiño |
-
Conflito aberto entre Pontevedra e TVG: "Non asinou o mesmo contrato que o resto de equipos"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Yago Iglesias: "Todo o equipo estivo ben para ser o primeiro partido de liga"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Conta atrás para o inicio de liga dun Pontevedra que está "con ganas, ilusión e desexando que empece xa isto"
Por Almu Dapena |
-
Ofrenda granate á espera de fichaxes: "Puede que alguna cosa más se cierre en las próximas horas"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra chega ao comezo de liga coa enfermería baleira
Por Diego Espiño |
-
Santiago de Compostela, primeira convocatoria da tempada para a 'Marea Granate'
Por Diego Espiño |
-
Actualización no prezo das entradas para os partidos do Pontevedra co inicio da nova tempada
Por Diego Espiño |