Ofrenda granate á espera de fichaxes: "Puede que alguna cosa más se cierre en las próximas horas"
Por Diego Espiño & Cristina Saiz
O Pontevedra Club de Fútbol protagonizou este xoves a tradicional ofrenda floral de inicio de tempada á Virxe Peregrina, nun acto que contou con representantes do Consello de Administración granate, corpo técnico e o primeiro plantel ao completo.
Fíxoo a poucos días de que comece a liga de Segunda RFEF e cun ollo posto aínda no mercado de fichaxes (o prazo para inscribir futbolistas pecha este venres día 30 de agosto). Así o recoñeceu a presidenta, Lupe Murillo, tras afirmar que o plantel estaba "practicamente" pechado.
Tras ser cuestionada por este asunto, avanzou en alusión ás xestións en marcha que "he dicho prácticamente porque puede que alguna cosa más se cierre en las próximas horas".
No que respecta ao novo curso, Murillo defendeu a tradición de realizar unha ofrenta á Virxe porque "no se deben perder las tradiciones. Venimos a pedirle que nos ayude como todas las temporadas" nunha campaña deportiva que encara persoalmente "con ilusión, ganas y buenas sensaciones, pero a nivel general de club".
Tras o acto celebrado no santuario da Peregrina xogadores, adestradores e directivos dirixíronse a Campañó para gozar xuntos dunha comida no Hotel Campaniola.
Relacionadas:
-
Conflito aberto entre Pontevedra e TVG: "Non asinou o mesmo contrato que o resto de equipos"
Por Diego Espiño | Creada e actualizada
-
Yago Iglesias: "Todo o equipo estivo ben para ser o primeiro partido de liga"
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
Rufo dá os primeiros tres puntos da tempada ao Pontevedra
Por Almu Dapena & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra chega ao comezo de liga coa enfermería baleira
Por Diego Espiño |
-
Santiago de Compostela, primeira convocatoria da tempada para a 'Marea Granate'
Por Diego Espiño |
-
Actualización no prezo das entradas para os partidos do Pontevedra co inicio da nova tempada
Por Diego Espiño |
-
Fin de pretempada para o Pontevedra con victoria ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción |
-
Unha década con Lupe Murillo á fronte do Pontevedra CF: "En 10 anos máis eu non estarei aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |