Yago Iglesias pide aos seus "fame, ganas, que a competición empeza e queremos facelo con bo pé"
Por Diego Espiño
Máis aló do triunfo por 1-3 fronte ao Juventud Cambados, o penúltimo amigable da pretempada foi valorado positivamente polo adestrador do Pontevedra Club de Fútbol, Yago Iglesias.
"Viñamos do partido contra o Lugo no que xa un grupo de futbolistas, que entraron a última media hora, fixo 70 minutos e hoxe quixemos que a outra parte do plantel igualase minutaxe para entrar na última semana con máis dunha hora de ritmo competitivo", explicou o técnico desde o céspede do campo de Burgáns.
Yago restou importancia ao erro que supuxo o tanto local ao pouco de iniciarse o choque, xa que "o que imos adestrando cada semana en mobilidades, xogadas a balón parado, xerar ocasións e que non nos xeren viuse. Sabemos que é un rival de menor entidade, e puxéronse por diante no marcador nun erro puntual pero no cómputo global do partido non tiraron máis veces a portería e nós fixémolo varias, na liña do que queremos que sexa o equipo sobre todo a nivel colectivo".
O preparador granate destacou á súa vez os deberes que lle pon aos seus na recta final da pretempada, que "sigan afianzando a idea e que a nivel individual vaian collendo ese ritmo non tanto físico senón de fame, de ganas, de que a competición empeza e queremos facelo con bo pé".
Relacionadas:
-
O Pontevedra chega ao comezo de liga coa enfermería baleira
Por Diego Espiño |
-
Santiago de Compostela, primeira convocatoria da tempada para a 'Marea Granate'
Por Diego Espiño |
-
Actualización no prezo das entradas para os partidos do Pontevedra co inicio da nova tempada
Por Diego Espiño |
-
Fin de pretempada para o Pontevedra con victoria ante o Céltiga (1-2)
Por Redacción |
-
Vitoria do Pontevedra en Cambados no penúltimo test de pretempada (1-3)
Por Diego Espiño |
-
Deberes para o Pontevedra a menos de dúas semanas para o peche do mercado de fichaxes
Por Diego Espiño |
-
O Pontevedra leva o Trofeo Luis Otero ao vencer o Lugo (1-0)
Por Diego Espiño & Cristina Saiz |
-
Yago Iglesias, tras o triunfo no Luis Otero: "O equipo progresa adecuadamente"
Por Diego Espiño |
-
"Una prueba más" para Yago Iglesias nun Pontevedra que está "afianzando ideas"
Por Diego Espiño |
-
Triunfo do Pontevedra contra o Estradense na cuarta cita da pretempada (1-2)
Por Redacción |