O videomarcador do Estadio da Lomba custará preto de 22.000 euros
Por Redacción
O Concello de Vilagarcía de Arousa adxudicou a compra dun novo videomarcador electrónico con pantalla led para o Campo Municipal da Lomba, onde iniciará a tempada o Arosa SC o próximo 8 de setembro, enfrontándose ao Sarriana.
A empresa encargada do subministro e instalación do equipamento será UFA Tecnologías.
Este novo marcador supón un investimento de 21.954,24 euros, financiado a través do Plan Provincial de Infraestruturas Deportivas da Deputación de Pontevedra.
A Xunta de Goberno local aprobou esta semana o contrato, e espérase que o videomarcador estea xa operativo para o inicio da nova tempada.
Relacionadas:
-
O Arosa segue sen carburar no inicio de liga (1-0)
Por Redacción |
-
A era de Michel Alonso no Arosa arranca con derrota ante a Sarriana (0-1)
Por Redacción |
-
Álex Compa, reforzo para a dianteira do Arosa
Por Diego Espiño |
-
O Arosa e o Villalonga comezarán a tempada enfrontándose a Sarriana e Silva
Por Redacción |
-
O Arosa xa ten á venda as novas equipacións
Por Redacción |
-
Javi Rey quere ascender co Arosa: "Imos tentalo a matar desde o día a día"
Por Almu Dapena |
-
Seis partidos para unha pretempada do Arosa que arranca o 24 de xullo
Por Redacción |