Pablo Crespo, Manuel Fontán e Martín Jácome, campións do mundo
Por Almu Dapena
Na última xornada do Campionato do Mundo Sprint Júnior e Sub-23 de piragüismo que se disputou ata este domingo na localidade búlgara de Plovdiv, os padeeiros pontevedres volveron superarse.
No caso de Pablo Crespo e Manuel Fontán, lograron un triunfo histórico ao coroarse campións do mundo na final de C2 1000 metros, superando ás seleccións de Bielorrusia e Alemaña.
Este logro, sen dúbida, serviralle a Crespo de gran motivación para a súa participación nos Xogos Olímpicos de París 2024
Martín Jácome engadiu outra vitoria ao fin de semana de gloria para o equipo español, ao gañar a final de C1 500 metros. Jácome superou a Maksim Karataev e ao chinés Shengyue Wu, finalizando cun tempo de 01:51.349.
Na categoría sub-23, Claudia Couto terminou en oitavo lugar na final de C1 200 metros.
Nicolás Braña, do Piragüismo Poio, terminou terceiro na final B do C1 500 metros xuvenil.
Doutra banda, a parella formada por Jairo Zurita, do Piragüismo As Torres, e Martín Expósito, do E.P. Ciudad de Pontevedra, clasificouse en sétimo lugar na final de C2 1000 metros.
Relacionadas:
-
Manuel Fontán e Adrián Sieiro, bronce con Valeria Oliveira e Vikttoriia Yarchevska no Mundial de Sprint de Samarcanda
Por Redacción |
-
O pontevedrés Pablo Crespo accede ás semifinais olímpicas de C1 1000
Por Anxo Lourido |
-
Teresa Portela participará con 42 anos nunha nova final olímpica ao clasificarse nos seus sétimos Xogos
Por Anxo Lourido |
-
Tono Campos proclámase campión Europeo e agranda a súa lenda
Por Redacción |
-
Pontevedra presume de olímpicos en París 2024: "Vai unha representación con moitísimas posibilidades"
Por Diego Espiño |
-
Pablo Crespo colga a prata e Claudia Couto o bronce no Mundial Sub-23
Por Almu Dapena |
-
Martín Jácome e Manuel Fontán báñanse en prata no Mundial Sub-23, con Lucía Tenreiro bronce en idade júnior
Por Diego Espiño |
-
O olímpico Pablo Crespo comanda a armada pontevedresa no Mundial Júnior e Sub-23 de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
Acabou a espera: Pablo Crespo estará en París 2024
Por Alejandro Espiño |