Pablo Crespo colga a prata e Claudia Couto o bronce no Mundial Sub-23
![Almu](/web/cache/scene/uploads/xornalistas/foto/ea8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjSxUqrKz891Lsov0DEyAC_/_Il61oA_/5e90aef8d7-_noc0208.jpg)
Por Almu Dapena
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/0d8/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669b98618d-53868654746_d7c5f1a732_c.jpg)
© Federación Española de Piragüismo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/8ea/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669b99ccd7-53868591171_9ebf3f06b8_c.jpg)
© Federación Española de Piragüismo
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/758/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/669b992355-53868880578_4a5f69912a_k.jpg)
© Federación Española de Piragüismo
Seguen chegando as medallas para o piragüismo pontevedrés no Campionato do Mundo Sprint Júnior e Sub-23 de Piragüismo que se disputa ata este domingo na localidade búlgara de Plovdiv.
A segunda xornada de finais deixou con bo sabor especialmente ao olímpico Pablo Crespo (EP Ciudad de Pontevedra), que se colgou a medalla de prata no C-1 1000 metros da categoría Sub-23.
O pontevedrés parou o crono en 3:58.707, sendo superado unicamente polo ruso Danila Verashchaka (3:57.068). O terceiro lugar foi para o alemán David Bauschke (3:59.535).
Tamén ascendeu ao podio a súa compañeira de equipo Claudia Couto, quen con Pedro Torrado no C2 500 Mixto da categoría Sub-23, conseguiu o bronce.
A dupla española cruzou a liña de meta fixo un tempo de 1:54.067 nunha final na que a dupla rusa formada por Aleksandr Bots e Ekaterina Shliapnikova fíxose co ouro (1:52.570) e os moldavos Mihai Chihaia e Elena Glizan, a prata (1:53.465).
No caso da marinense Antía Otero (EP Ciudad de Pontevedra), volveuse ao quedar ás portas do podio tras finalizar en cuarto lugar a carreira do C-4 500 Sub-23 xunto a Valeria Oliveira (Piragüismo Poio), María Moreno e Viktoria Yarchesvska.
En novena posición finalizou Lara Remigio (Piragüismo Poio) por partida dobre. Primeiro no C4 500 metros júnior xunto a Candela Mayoral, Antonia Segura e Jimena Belén, e despois no C2 500 Mixto con David Oliveirais.
O Mundial Júnior e Sub-23 continúa durante o sábado e será o domingo cando poña o broche de ouro coas últimas finais.
Relacionadas:
-
Pablo Crespo, Manuel Fontán e Martín Jácome, campións do mundo
Por Almu Dapena |
-
Martín Jácome e Manuel Fontán báñanse en prata no Mundial Sub-23, con Lucía Tenreiro bronce en idade júnior
Por Diego Espiño |
-
O olímpico Pablo Crespo comanda a armada pontevedresa no Mundial Júnior e Sub-23 de piragüismo
Por Diego Espiño |
-
O piragüismo pontevedrés brilla no Campionato de Europa Junior e Sub23
Por Almu Dapena | Creada e actualizada
-
Acabou a espera: Pablo Crespo estará en París 2024
Por Alejandro Espiño |