Álex Vila, garantía no xogo aéreo, defenderá a portería do Arosa
Por Anxo Lourido
O Arosa continúa conformando o plantel de cara á vindeira tempada e este martes presentou a Álex Vila como novo porteiro do equipo arlequinado.
O xogador vigués, de 28 anos, preséntase como un gardameta de gran envergadura, seguro no xogo aéreo e no un contra un.
A súa traxectoria futbolística iniciábase no Areosa e no Gondomar. Nos seguintes anos formou parte do CD Choco; o Ourense CF; o Alondras CF e o Cultural Areas.
Recentemente militou durante dúas tempadas no Rápido de Bouzas para recalar nos dous últimos anos no RC Celta C Gran Peña, onde xogou a final do ascenso a Segunda Federación.
Álex Vila, durante a súa presentación, manifestaba que é un "privilexio que un club histórico como o Arosa confíe en min para defender a súa portería".
O porteiro entende que o equipo que está a formar o conxunto arousán só pode ter como obxectivo a loita polo ascenso.
Aposta por un vestiario "san e competitivo" para afrontar as situacións complicadas que se presentarán ao longo da próxima tempada.
Relacionadas:
-
Álex Compa, reforzo para a dianteira do Arosa
Por Diego Espiño |
-
O Arosa e o Villalonga comezarán a tempada enfrontándose a Sarriana e Silva
Por Redacción |
-
O Arosa xa ten á venda as novas equipacións
Por Redacción |
-
Javi Rey quere ascender co Arosa: "Imos tentalo a matar desde o día a día"
Por Almu Dapena |
-
Javi Rey, a guinda para o ilusionante proxecto do Arosa
Por Diego Espiño |
-
Seis partidos para unha pretempada do Arosa que arranca o 24 de xullo
Por Redacción |
-
Felipe Peredo reforzará o mediocentro do Arosa
Por Redacción |
-
Mario García, un defensa "competitivo e dinámico" para a zaga do Arosa
Por Alejandro Espiño |
-
José Rivera, outra "volta a casa" para reforzar a dianteira do Arosa
Por Alejandro Espiño |
-
Samu Santos, novo reforzo para a zaga do Arosa
Por Alejandro Espiño |
-
Carlos Torrado volve á Lomba despois de seis anos
Por Redacción |