Eurovision visita a Illa das Esculturas para planificar a cobertura televisiva do Europeo de Ciclocrós
Por Diego Espiño
A organización do Campionato de Europa de Ciclocrós que Pontevedra acollerá a principios do mes de novembro segue a dar pasos para lograr que o evento sexa todo un éxito.
Nos últimos días unha delegación de Eurovision, a parte televisiva da Unión Europea de Radiodifusión, viaxou a Pontevedra para visitar a Illa das Esculturas, lugar no que se instalará o percorrido de ao redor de 3,5 quilómetros no que se desenvolverán as carreiras nas súas diferentes categorías.
O obxectivo era planificar a cobertura televisiva do Europeo, unha carreira que contará con sinal internacional en directo para multitude de países.
En concreto estudaron posicións de cámaras fixas, móbiles, guindastres, cámaras desde cable ou zonas para o voo de drons que garantan unha cobertura espectacular da proba deportiva.
A delegación de Eurovision compuxérona dous responsables da produción, Marc Stanislas e Olivier Moser, e estiveron acompañados no seu percorrido polo xefe de prensa da Unión Europea de Ciclismo, Stefano Bertolotti; o director técnico do circuíto deseñado para o Campionato de Europa, Berto del Río; os responsables do circuíto Yeray del Río e Zoe del Río; e o responsable de comunicación do campionato, Álvaro García.
A visita e exame á Illa das Esculturas prolongouse durante case seis horas.
Relacionadas:
-
O vilagarcián Martín Rey, bronce no Campionato de España Sub-23
Por Redacción |
-
O Europeo de Ciclocrós de Pontevedra será de acceso libre para todos os espectadores
Por Diego Espiño |
-
O Europeo de Ciclocrós espera "máis de 900 corredores" e terá sinal televisivo internacional
Por Diego Espiño |
-
Constituído o comité organizador do Campionato de Europa de Ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
O Campionato de Europa de Ciclocrós de Pontevedra promociónase en Benidorm
Por Redacción |
-
Traballo sen pausa cara ao Europeo de Ciclocrós na cidade 'where the bikes bótanse ó lombo'
Por Redacción |