'Non parar ata voltar', nova campaña de socios do Pontevedra
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol pon a cero o contador da nova tempada coa publicación da súa campaña de abonados para o curso 24-25.
Co lema 'Non parar ata voltar' o club granate aposta por manter os prezos con respecto á campaña recentemente finalizada.
Desta forma os afeccionados que renoven o seu abono afrontarán unha cota de 205 euros na bancada de Tribuna, 135 euros en Preferencia e 90 euros nos fondos, un prezo que para os bonificados (desempregados, persoas con incapacidade permanente ou xubilados) será de 140, 90 e 70 euros respectivamente, mentres que os peñistas abonarán 90 euros en Preferencia e 70 euros nos fondos. Por último a categoría Xoven ten unha cota de 60 euros en Tribuna, 55 en Preferencia e 50 nos fondos e a Infantil de 35 euros en Tribuna e 30 euros no resto de bancadas. Ademais o carné 'biberón' mantense en 10 euros, o de palco en 600 euros e o da 'bancada granate', situada en Preferencia e destinada a afeccionados nados entre 1999 e 2012, en 40 euros. A categoría 'diáspora granate' permitirá pola súa banda conservar o número de socio por 50 euros podendo acceder a un 30% de desconto en entradas de 4 partidos da tempada.
En canto ás novas altas, os prezos xerais fixáronse en 215 euros para Tribuna, 145 euros para Preferencia e 100 euros nos fondos (bonificados 150, 100 e 80 euros respectivamente, Mozo 70, 65 e 60 euros e Infantil 35 euros en Tribuna e 30 no resto de bancadas).
Como a pasada tempada o carné de socio, aclara o Pontevedra, dará acceso "a todos os partidos de calquera competición ou fase que tanto o primeiro equipo como calquera conxunto da canteira disputen en condición de locais".
O período para renovación e novas altas de abonos abrirase de maneira online este xoves 13 de xuño a partir das 10.00 horas e o venres a partir das 16.00 horas de maneira presencial, coa particularidade de que no caso de retirar o carné antes do 5 de xullo optarase ao sorteo de 20 camisetas 'vintage' orixinais do Pontevedra Club de Fútbol. Ademais as persoas que cursen unha nova alta antes de esta data e acudan acompañadas dun socio pagarán a tarifa de renovación.
— Pontevedra CF (@PontevedraCFSAD) June 11, 2024
Relacionadas:
-
Unha década con Lupe Murillo á fronte do Pontevedra CF: "En 10 anos máis eu non estarei aquí"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
Eneko Zabaleta cambia o Pontevedra polo Arenas de Getxo
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, renovado: "Era nuestra primera opción"
Por Diego Espiño |
-
Un mercado con necesidades para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Semana de decisións no Pontevedra, coa continuidade de Yago Iglesias como primeiro asunto a tratar
Por Diego Espiño |
-
Peche de tempada con mensaxes á afección: "Ver Pasarón cheo foi o mellor que vivín no fútbol"
Por Diego Espiño |
-
Multan o Pontevedra polo lanzamento de "mazapáns e varias botellas de auga baleiras" desde a bancada de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF que lle espera ao Pontevedra a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
E agora que? Yago Iglesias e ata 13 futbolistas terminan contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |