Peche de tempada con mensaxes á afección: "Ver Pasarón cheo foi o mellor que vivín no fútbol"
Por Diego Espiño
Pendentes do seu futuro. Así inician as vacacións a maioría de futbolistas do Pontevedra Club de Fútbol.
Son xornadas de reflexión e liquidación do exercicio nas oficinas do Estadio Municipal de Pasarón, nas que se produciu unha primeira toma de contacto con integrantes do plantel aproveitando a despedida do curso.
O primeiro con todo será definir o futuro do banco, con Yago Iglesias finalizando contrato. Mentres isto non sucede, e á espera de noticias concretas sobre a planificación da próxima campaña, varios xogadores empezaron a publicar a través das súas redes sociais mensaxes dirixidas especialmente cara á afección e sobre o sucedido ao longo do último curso.
"Tentámolo con todas nosas forzas pero quedamos na beira de regalarvos o ascenso que todos vos merecedes. Grazas a todos polo apoio recibido esta tempada. Sodes, de corazón, unha paixón que se contaxia", escribiu o central Mario Gómez, un dos 13 futbolistas que non contan con contrato asinado para a próxima tempada.
Lo intentamos con todas nuestras fuerzas pero nos quedamos en la orilla de regalaros el ascenso que todos os merecéis.
— Mario Gomez Gomez (@mariiogomez35) June 4, 2024
Gracias a todos por el apoyo recibido esta temporada. Sois, de corazón@PontevedraCFSAD pic.twitter.com/LJ9mhM1XiY
Tamén finaliza a súa vinculación Toño Calvo, quen destacou que "o ambiente que se xera en Pasarón é a esencia do Pontevedra CF, e o motivo suficiente para saber que este equipo volverá tentalo as veces que faga falta".
Granates! Gracias por vuestro apoyo incondicional. El ambiente que se genera en Pasarón es la esencia del @PontevedraCFSAD y el motivo suficiente para saber que este equipo volverá a intentarlo las veces que haga falta. pic.twitter.com/ThUfXjkLO2
— TOÑO CALVO (@tonocalvo5) June 6, 2024
Cabe lembrar que só sete futbolistas teñen contrato en vigor ata xuño de 2025. Trátase de Edu Sousa, Manu Vizoso, Garay, Samu Mayo, Charly López, Dalisson e Chiqui. Precisamente este último publicou unha emotiva mensaxe de peche de tempada na súa conta persoal de Instagram que foi compartida polo propio Pontevedra. Un texto no que Chiqui defende que "o demos todo para conseguir ese obxectivo que tanto mereciades/mereciamos", destacando ademais a unión entre equipo e bancada porque "di moito de vós que despois dunha eliminación tan dura, seguísedes aí aplaudindo o equipo coas bágoas nos ollos".
Por todo iso o futbolista asegura, tras agradecer o agarimo e apoio recibido, que "ver Pasarón cheo foi o mellor que vivín no fútbol e oxalá sexa así sempre".
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, renovado: "Era nuestra primera opción"
Por Diego Espiño |
-
Un mercado con necesidades para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
'Non parar ata voltar', nova campaña de socios do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Semana de decisións no Pontevedra, coa continuidade de Yago Iglesias como primeiro asunto a tratar
Por Diego Espiño |
-
Multan o Pontevedra polo lanzamento de "mazapáns e varias botellas de auga baleiras" desde a bancada de Pasarón
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF que lle espera ao Pontevedra a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
E agora que? Yago Iglesias e ata 13 futbolistas terminan contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Dúas xogadas polémicas que puideron marcar a eliminatoria: Agresión de Souleymane e penalti non pitado a Chiqui
Por Diego Espiño |
-
O plantel granate, á afección: "Oxalá darlle a tempada que vén a alegría que non fomos capaces"
Por Almu Dapena |
-
Yago Iglesias, tras quedar sen ascenso: "É moi inxusto para o que foi o equipo toda a tempada"
Por Almu Dapena |