Multan o Pontevedra polo lanzamento de "mazapáns e varias botellas de auga baleiras" desde a bancada de Pasarón
Por Diego Espiño
O Comité de Competición da Real Federación Española de Fútbol impuxo unha multa ao Pontevedra Club de Fútbol por un suceso acontecido o pasado domingo 2 de xuño durante a final do ascenso contra o Betis Deportivo.
Non se trata dunha sanción grave nin que vaia afectar seriamente á economía da entidade, pero non deixa de ser curiosa polo explicado polo colexiado do encontro, o madrileño Jerónimo Montes García-Navas, na súa acta arbitral.
Afirmaba o árbitro que no minuto 78 parou o encontro polo lanzamento desde o Fondo Norte de "varios obxectos onde identificamos mazapáns e varias botellas de auga baleiras, non impactando en ningún participante do xogo".
Pois ben, Competición sanciona ao club granate tras este episodio por unha "alteración da orde do encontro de carácter leve", tipificada no Artigo 117 do Código Disciplinario da Real Federación Española de Fútbol.
Este epígrafe do código federativo especifica que "o club responsable será sancionado con multa de ata 602 euros", aínda que no caso do Pontevedra o castigo quedo finalmente en só 150 euros.
Relacionadas:
-
Yago Iglesias, renovado: "Era nuestra primera opción"
Por Diego Espiño |
-
Un mercado con necesidades para o Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
'Non parar ata voltar', nova campaña de socios do Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
Semana de decisións no Pontevedra, coa continuidade de Yago Iglesias como primeiro asunto a tratar
Por Diego Espiño |
-
Peche de tempada con mensaxes á afección: "Ver Pasarón cheo foi o mellor que vivín no fútbol"
Por Diego Espiño |
-
A Segunda RFEF que lle espera ao Pontevedra a próxima tempada
Por Diego Espiño |
-
E agora que? Yago Iglesias e ata 13 futbolistas terminan contrato co Pontevedra
Por Diego Espiño |
-
VÍDEO.- Dúas xogadas polémicas que puideron marcar a eliminatoria: Agresión de Souleymane e penalti non pitado a Chiqui
Por Diego Espiño |
-
O plantel granate, á afección: "Oxalá darlle a tempada que vén a alegría que non fomos capaces"
Por Almu Dapena |