Charly e Garay, 'obrigados' a descansar na última xornada de liga
Por Diego Espiño
O Pontevedra Club de Fútbol mira xa cara ao play-off de ascenso a Primeira RFEF, cuxo sorteo se celebrará o luns 6 de maio, pero antes debe aínda afrontar unha última xornada da liga regular.
Farao recibindo no Estadio Municipal de Pasarón ao Racing Club Villalbés (domingo 5, 12.00 horas), equipo que xoga a súa permanencia na categoría.
Será unha cita na que os de Yago Iglesias deben tentar recuperar a confianza perdida ante o que está por chegar, duelos da máxima tensión e intensidade na que calquera erro pode resultar decisivo.
Un dos aspectos para ter en conta estes días é o das sancións, ou máis ben a ameaza de sanción que pesa sobre dous futbolistas do plantel granate.
Trátase do dianteiro Carlos López 'Charly' e do defensor Benjamín Garay, os únicos integrantes do equipo que chegan á última xornada a unha cartolina da suspensión por acumulación.
Ambos os dous xogadores viron ao longo do curso 4 tarxetas amarelas, polo que unha quinta fronte ao Villalbés supoñería perder o primeiro encontro do play-off.
É por iso que a prudencia recomenda o seu descanso na última cita da liga regular, xa que segundo a normativa a fase de ascenso empezará limpa de tarxetas para todos os futbolistas, empezando un novo ciclo de sanción de tres amarelas.
Relacionadas:
-
O partido ante o Villalbés será unha "proba importante" para un Pontevedra que pensa no play-off
Por Almu Dapena |
-
Toño Calvo defende a importancia do duelo fronte ao Villalbés "para recuperar sensacións" pensando no play-off
Por Diego Espiño |
-
Mirando xa cara ao play-off: Formato, posibles rivais...
Por Diego Espiño |
-
Yago Iglesias, tras o empate na Coruña: "É a imaxe do Pontevedra no último mes, xeramos moito, pero non estamos acertados"
Por Almu Dapena |