O Teucro apela ao espírito do 'Pacto do Parador' para evitar a desaparición do club
Por Alejandro Espiño
O Parador de Turismo de Pontevedra, o lugar onde segundo a Sociedad Deportiva Teucro "parece que se solucionan los problemas deportivos en la ciudad", acollerá a primeira semana de marzo, probablemente o día 6, unha reunión de urxencia cun único punto do día: analizar a situación do club pontevedrés e tratar de buscar unha saída a unha crise económica tan grave que ameaza seriamente a súa supervivencia.
A esta reunión o Teucro convocará ao presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo; o secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa; o presidente da Deputación de Pontevedra, Rafael Louzán; o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores; e os concelleiros de Deportes e Turismo, Agustín Fernández e Carlota Román respectivamente. Son todos os que teñen responsabilidade no ámbito do deporte en Pontevedra, segundo o club.
O presidente da entidade, Carlos García Alén, insistiu no que o Teucro é viable "si hay una respuesta rápida" das administracións e da sociedade pontevedresa. Recoñeceu que teñen un "problema grave" de liquidez, ao ter que facer fronte a 50.000 euros nos próximos meses, "y a día de hoy tenemos cinco euros en la cuenta". E antes de decembro haberá que abonar a Facenda 136.000 euros da débeda pendente co organismo.
"Lo ideal será conseguir un patrocinio para lo que resta de temporada, un acuerdo que debería ser parecido al que necesitamos para las siguientes temporadas", explicou García Alén, xunto coa "máxima implicación" do tecido empresarial e social da cidade. Se se soluciona esta situación, o Teucro operaría con maior tranquilidade sempre que os ingresos se manteñan ou aumenten lixeiramente xa que "los gastos se han reducido un 50% en tres años".
A mensaxe da directiva do Teucro é clara. Necesitan 150.000 euros en tres tempadas "para salvar la situación". Por iso na reunión do Parador adiantan que poñerán as cartas encima de mesa para comprobar a implicación das administracións co club. "Si renuncian a apoyar a la entidad como se hizo con otros equipos de la ciudad, que lo digan y tendremos que seguir el camino que tengamos que seguir".
APOIO DO CONCELLO
Neste sentido, o concelleiro de Deportes, Agustín Fernández, con quen a xunta directiva do Teucro reuniuse este luns, coincidiu co club en que "es necesaria" a implicación da cidade e das empresas de Pontevedra para salvar ao Teucro, "un club histórico, vicedecano del balonmano español y con larga tradición deportiva en la ciudad" e cuxos actuais dirixentes "se lo encontraron en una situación ruinosa".
"Estamos dispuestos a echar una mano", dixo Agustín Fernández, a través de subvencións e axudas ás escolas deportivas, "porque se merece nuestro apoyo por el esfuerzo que hacen por sacar adelante esta situación". En todo caso, reiterou que o que o Teucro necesita é a axuda de toda Pontevedra, "una ciudad que siempre se ha caracterizado por defender su patrimonio deportivo", como ocorreu noutras ocasións.
Relacionadas:
-
A afección apoiará o Teucro diante do Parador no "partido" máis importante da súa historia
Por Ramiro Espiño |
-
Xoves 6 de marzo, día clave para o futuro do Teucro
Por Diego Espiño |
-
Chamamento desesperado do Teucro para evitar a disolución do club
Por Ramiro Espiño |
-
Facenda aperta o Teucro e complica o seu futuro inmediato
Por Diego Espiño |
-
Nova chamada de socorro do Teucro: "Estamos vivos por una auténtica casualidad"
Por Diego Espiño |