Os pais do Waterpolo Galaico aprenden a comportarse
Por Redacción
A conduta dos pais no contexto deportivo ou a conciliación da vida deportiva e escolar son algúns dos asuntos que se tratarán na xornada que o Club Waterpolo Galaico Pontevedra decidiu organizar dirixida aos proxenitores dos seus xogadores de categorías inferiores.
O club lerezano, en colaboración da Unidade de Psicoloxía e Coaching Deportivo de Galicia, impartirá estas particularas leccións, denominadas O pais no waterpolo, importancia e papel, o próximo venres 14 de febreiro na biblioteca do Complexo Deportivo Rías do Sur (20:45 horas).
Máis de 40 persoas confirmaron xa a súa asistencia nunha iniciativa busca que facilitar o labor dos pais e fomentar tamén o seu bo comportamento, explicando a súa influencia nos nenos e a importancia de respectar a figura do árbitro ou do adestrador.
Os encargados de dirixir a charla-coloquio serán Rubén Domínguez (Licenciado en Psicoloxía, Máster en Psicoloxía da Actividade Física e o Deporte, adestrador Profesional de Baloncesto e Coach Deportivo certificado por ESICO) e Hugo Fernández (Licenciado en Pedagoxía, Máster en Psicoloxía da Actividade Física e do Deporte, adestrador de Vela e Coach Deportivo certificado por ESICO).