Derrota ante o Rápido de Bouzas dun Pontevedra B que acumula tres xornadas sen puntuar (0-3)
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/72a/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65c8c943b2-20240211-saiz-a-seca-poio-pontevedra-b-rapido-bouzas-002.jpg)
© Cristina Saiz
![](/web/cache/scene/uploads/fotos/foto/9bc/_S7QytKoutjK3UsovKMnMzytWsi62MjKxUipKLc6sStUxMjDQSU_/_7NK0kt0snNTEnJSVWyrgUA_/65c8c95575-20240211-saiz-a-seca-poio-pontevedra-b-rapido-bouzas-004.jpg)
© Cristina Saiz
O Pontevedra B leva tres xornadas consecutivas sen sumar despois de caer este domingo ante un Rápido de Bouzas que foi superior de principio a fin.
Os xogadores de Jesús Ramos nada puideron facer para sacar algo de proveito da visita á Seca do conxunto vigués, que se adiantou no minuto 18 de xogo tras unha falta botada por Aitor Aspas que Pedro Ares non atallou ben.
Buscou a reacción o filial granate pero non o conseguiu. As perdas de balón convertéronse nunha clara posesión do equipo visitante, que puxo máis terra polo medio cun gol de Cellerino a porta baleira. Corría o minuto 36.
Tras o paso polos vestiarios, o técnico do Pontevedra deu entrada a Guèye e Fran López para reverter a situación. O senegalés achegou velocidade e profundidade no ataque pero o gol seguía sen chegar.
Seguiron pasando os minutos e o equipo local envorcouse case por completo en tarefas ofensivas para atopar un gol que os metese no partido, pero no 89, tras un saque de esquina, Ronald fixo o 0-3 que supuxo a sentenza.
Consulta a acta nesta ligazón