María Lago repite no cinco ideal da xornada da Liga Feminina 2
Por Redacción
O Arxil estase a afacer a ver algunha das súas xogadoras no cinco ideal da Liga Feminina 2.
María Lago repite esta semana no particular clasificación das mellores do fin de semana grazas aos seus 24 puntos, 6 rebotes e 27 de valoración no partido ante o Durán Maquinaria Ensino, no que ademais recibiu 11 faltas.
Ademais da aleiro, tamén María Centeno estivo presente no quinteto ideal, ao igual que Minata Keita, elixida MVP da xornada no seu primeiro encontro coas verdes.
O resto de xogadoras destacadas esta semana son a base do Cortegada Montse Gilabert, a ala-pívot do Estudiantes Elena Díaz, a escolta do Universidad de Valladolid Paula Vicente e a pívot do Gernika Brittany Miller.