Remontada do Paiosaco contra un Pontevedra B que acabou con dez (1-3)
Por Redacción
A despedida do ano 2023 non foi como esperaba o Pontevedra B, que este sábado caeu contra o Paiosaco na Seca por 1-3.
Chegaban os de Diego Armando con dúbidas á cita e un refacho de cinco xornadas sen gañar que cortaron ante o filial granate, que se adiantou no minuto 26 cun gol de Víctor Casais despois de aproveitar un erro nun pase entre a defensa rival.
Con todo, pasada a media hora de xogo o Paiosaco devolveu a igualdade ao marcador despois dun saque de esquina que Dopico rematou á rede.
Tras o paso polos vestiarios a expulsión de Jaichenco por dobre amarela (58' e 64') complicou as cousas aos granates, que a pesar dos intentos de conseguir o triunfo víronse condenados pola superioridade numérica do seu rival.
E así foi como o Paiosaco fíxose co control case total do partido e logrou a falta de once minutos para a conclusión voltear o resultado por medio de Dani Carnota, que en xogada individual foise de tres defensores e enchufó o esférico no pau longo.
Envorcouse en tarefas ofensivas o equipo de Jesús Ramos en busca da reacción, pero foi o cadro verdibranco o que culminou a remontada tras un bo contragolpe pola banda que Iván Amor rematou para facer o definitivo 1-3 no minuto 84.
Consulta a acta nesta ligazón
Relacionadas:
-
Dous goles en dous minutos para volver sumar de tres
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
O Pontevedra B empata en Alondras e xa van dúas xornadas seguidas puntuando
Por Redacción |
-
Dobrete de Guèye para remontar á UD Ourense e sumar tres puntos de ouro para o Pontevedra B
Por Diego Espiño |
-
O Bergantiños dobrega o Pontevedra B na segunda metade (2-0)
Por Redacción |
-
Goleada da Sarriana ao Pontevedra B (5-0)
Por Redacción |
-
Jesús Ramos lembra que o ano pasado "viñamos dunha serie de cinco empates e unha derrota e ao final conseguiuse o ascenso"
Por Almu Dapena |
-
Libasse Guèye, titular na derrota do Pontevedra B ante o Betanzos (0-3)
Por Redacción & Cristina Saiz |