O Team Farto aposta polo calendario nacional co seu equipo feminino tras quedar sen licenza UCI Continental
Por Redacción
O Club Ciclista Farto viuse obrigado a reformular o seu proxecto de ciclismo feminino elite tras perder a licenza UCI Continental polo endurecemento das esixencias económicas.
A estrutura pontevedresa seguirá apostando por manter a próxima tempada o seu programa feminino cun equipo que aspira a cubrir entre trinta e corenta días de competición a nivel nacional e con probas puntuais en Francia e Portugal.
Será un Team Farto-BTC diferente, de categoría elite e sub-23 feminina que pretende continuar a nivel nacional co traballo realizado como equipo UCI desde 2021.
Dentro da súa reorganización o primeiro foi a confirmación de nove renovacións tanto de ciclistas que formaron parte o curso pasado do primeiro equipo como do filial. Trátase de Ariadna Gutiérrez, Martina Moreno, Pilar Jiménez, Laura Mira, Elena Cuenca, Sonia Domínguez, Carmen Mallo, Sabela Rey e Mirian Trigo.
O obxectivo, aseguran desde o Frato, será "ser un equipo combativo nas carreiras UCI e afrontar a Copa de España como obxectivo principal en lugar de acudir como probas de preparación".
Relacionadas:
-
Iria Méndez álzase co Gran Premio Cidade de Pontevedra
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
A Copa de España Féminas de Ciclismo aterra por cuarto ano en Pontevedra "roldando as 400 deportistas"
Por Diego Espiño |
-
A triatleta Lucía Piñón reforza o equipo ciclista do Team Farto-BTC
Por Redacción |
-
O Farto anuncia a fichaxe de "un dos grandes talentos novos do país", a cántabra Sandra Gutiérrez
Por Redacción |
-
O Farto-BTC despide a tempada cun dobrete no Criterium Oia Interior
Por Redacción |
-
O Farto-BTC, un equipo sólido na Volta a Portugal
Por Redacción |
-
Michaela Drummond leva o Farto-BTC ao máis alto do Tour de l'Ardèche
Por Redacción |