Ponteatro botou andar este xoves da man de 'María Luisa'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot
Este xoves 19 ás 21:00 horas no Principal botou andar unha nova edición de Ponteatro da man do director Juan Mayorga e a súa obra ‘María Luisa’. Será a primeira de catro pezas que terán lugar os xoves ata o 16 de novembro.
Os 50 abonos, ampliados pola alta demada a 70, xa están esgotados polo que só e posible mercar entradas por espectáculo, a un prezo de 8 euros (4 euros, reducido) anticipadamente en Ataquilla e de non esgotarse, unha hora antes de cada pase na billeteira do Principal.
A obra deste xoves contou a historia de María Luisa que é unha muller entrada en anos que vive soa, independente e que goza da vida. Unha conversa casual co porteiro da casa é o detonante para unha sucesión de escenas que, con moito humor e un ton entrañable, permítennos descubrir de preto o mundo desta curiosa señora. Unha comedia sobre a soidade, sobre a vellez, e sobre os difusos límites entre a realidade e a imaxinación.
Programación de Ponteatro:
- Xoves 26 de outubro ás 21.00 h- ‘ARRAIANOS' SARABELA TEATRO
- Xoves 9 de novembro ás 21.00 h ‘O DEUS DO POP’ DE DIEGO ANIDO
- Xoves 16 de novembro ás 21.00 h - ‘A NAI’ AMORODIO TEATRO
Relacionadas:
-
'Scaratuja' deleita os bebés
Por Mónica Patxot & Anxo Lourido |
-
Entrada de balde para asistir á gala lírica que a soprano rusa Julia Muzychenko ofrecerá en Vilagarcía
Por Oskar Viéitez |
-
'Falemos como galegas' de Migallas Teatro chega a Meaño
Por Redacción |
-
Baobab Teatro triunfa co seu "Ás para Álex" no inicio de Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |