Baobab Teatro triunfa co seu "Ás para Álex" no inicio de Domingos do Principal
Baobab Teatro foi a compañía encargada de abrir unha nova edición do ciclo Domingos do Principal. Fíxoo cunha dobre función, matinal e vespertina, dun dos seus espectáculos máis aclamados, Ás para Álex.
O patio de butacas do Teatro Principal volveu a quedar pequeno ante a gran expectación que sempre esperta este ciclo de teatro infantil e familiar.
Ás para Álex, unha obra de teatro de actor e marionetas, narraba a historia de Álex, un neno de 8 anos ao que lle encanta correr, xogar, saír cos amigos, ir ao parque e, sobre todo, xogar ao fútbol. Pero un día, Álex ten que deixalo todo, porque o seu corpo non contesta, non camiña.
Iso fai que se enfade co mundo ao non entender que é o que lle pasa. Está tan absorto na súa situación que deixa de mirar á súa ao redor, ata que un día Laura aparece no seu camiño, e sen pedir permiso pero con moito coidado e agarimo entra de cheo na súa vida para cambiar a súa mirada.
A seguinte cita con Domingos do Principal, o próximo 22 de outubro, será co espectáculo Nube nube, unha montaxe da compañía murciana Periferia Teatro.
"Ás para Álex" de Baobab Teatro abre unha nova edición de Domingos do Principal
Baobab Teatro foi a compañía encargada de abrir unha nova edición do ciclo Domingos do Principal. Fíxoo cunha dobre función, matinal e vespertina, dun dos seus espectáculos máis aclamados, Ás para Álex
© Cristina Saiz
Relacionadas:
-
'Domingos do Principal' supera os 6.000 espectadores
Por Redacción |
-
Ao berro de 'No nos moverán' finaliza o ciclo de Domingos do Principal
Por Cristina Saiz & Anxo Lourido |
-
Humor para pequenos e maiores con Marcel Gross na penúltima cita de Domingos do Principal
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Domingos do Principal chega ao seu ecuador co espectáculo 'Nina Ninette'
Por Redacción & Cristina Saiz |
-
Pasándoo de fábula no Principal co esquío e o ourizo
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz |
-
Ponteatro botou andar este xoves da man de 'María Luisa'
Por Oskar Viéitez & Mónica Patxot |
-
"Ás para Álex" de Baobab Teatro abre este domingo o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción |
-
Á venda novos abonos do ciclo Domingos do Principal por mor da alta demanda
Por Redacción |
-
Domingos do Principal arranca tempada o 15 de outubro
Por Mónica Patxot & María José Pita |