O Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal celebra o 40 aniversario recuperando o Festival no Pazo da Crega

Por Redacción
Este sábado 16 de setembro, o Pazo da Crega, de Barro, acollerá o XXVII Festival de baile folclórico, que organiza o Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal, que neste 2023 celebra o seu corenta aniversario.
Recupérase esta cita cultural despois da pandemia. A agrupación organizadora compartirá escenario con A.C. Os Afoutes do Canón de Pau, de Cotobade; con Paradanda Grupo Folclórico do Grove; e Valle Miñor, chegados desde Montevideo.
A cita, que comezará ás 19.00 horas, contará tamén con sorteos de diferentes lotes de produtos entre o público asistente.
O Grupo de Danzas Folclóricas Amor Ruibal leva catro décadas promovendo a cultura tradicional galega e organizando este evento no que coinciden agrupacións veciñais e tamén grupos internacionais.