"Una niña", da compañía andaluza La Rous, abre esta fin de semana o ciclo Domingos do Principal
Por Redacción
Trala súa recente presentación, chega a agora de subirse ao escenario. Comeza o ciclo de teatro infantil Domingos do Principal, unha das referencias da programación cultural de Pontevedra. Sete obras de compañías de todo o país que tratarán de seducir aos máis pequenos da casa. A primeira delas será Una niña, unha montaxe da compañía andaluza La Rous, que se representará este domingo 19 de xaneiro.
ÿ un espectáculo mudo, representado por unha única actriz, Rosa Díaz. Conta a historia dunha muller que se atopa cunha nena dentro dunha botella. Asustada, rexéitaa de forma compulsiva. Ten medo, non quere vela porque se sente reflectida, nesa botella, como nun espello. Pero tras arroxala ao mar, arrepíntese e decide ir buscala, primeiro montada nun barco de papel e despois nas profundidades do mar.
A función desta compañía, Premio Nacional de Artes Escénicas para a Infancia e a Mocidade en 2011, está recomendado para nenos a partir de cinco anos e ten unha duración aproximada de 55 minutos.
Como vén sendo habitual neste ciclo representaranse dúas funcións, ás 12.00 e ás 18.00 horas.
As entradas individuais teñen un prezo de catro euros, aínda que está dispoñible un abono que por 16 euros dará acceso ás sete obras de Domingos do Principal. Pódense adquirir a través de www.servinova.com e, no caso de non esgotarse, na billeteira do Teatro Principal desde dúas horas antes do inicio da función.