"Hoxe non son de Pontevedra, hoxe son Pontevedra, levito", agradeceu Fina Casalderrey a súa homenaxe
Por Oskar Viéitez & Cristina Saiz
"Hoxe é un día realmente fermoso, hoxe Pontevedra réndelle homenaxea a Fina Casalderrey", así o dixo este sábado o alcalde en funcións, Miguel Anxo Fernández Lores no acto de recoñecemento "a nosa escritora, a nosa veciña, a nosa mestra".
Fina Casalderrey recibiu a homenaxe Escritora na súa Terra-Letra E (de escritora), impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) da que a autora é socia de honra.
Os actos comezaron ás 11.30 horas na Ponte das Palabras, no barrio pontevedrés de Monte Porreiro, co descubrimento dun monólito conmemorativo e a plantación da árbore elixida pola autora, un acivro.
Logo no Teatro Principal leuse a acta de concesión deste galardón nunha ceremonia na que interviron o alcalde; o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, a autora da laudatio, Montse Pena Presas, ademáis da propia Fina Casalderrey e do coro Luis Álvarez Limeses.
A xornada rematou cun xantar de confraternidade posterior no Liceo Casino de Pontevedra.
Neste acto destacouse que Fina non só é unha escritora nomeada ao que se considera o Nóbel de Literatura Infantil e Xuvenil, o Premio Hans Christian Andersen tamén é "exemplo de constancia, de talento e de compromiso coas súas raíces, co rural; compromiso con Pontevedra, compromiso coa lingua galega, compromiso con este país e a súa cultura, compromiso coa súa xente", afirmou Lores.
"Hoxe non son de Pontevedra, hoxe son Pontevedra, levito", agradeceu Fina Casalderrey todo o agarimo brindado. "Eu non soñaba que algún día ía estar aquí en calidade de escritora rodeada de amigas, amigos, familia, recibindo este fermoso agasallo que ven arroupado polos afectos".
Relacionadas:
-
Inauguran na Praza de Ourense a exposición 'Fina Casalderrey. Medrando entre historias'
Por Redacción |
-
Unha exposición na Praza da Ferrería renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey
Por Diego Espiño |
-
RADIO.- De 'Piscinas vacías' a 'Los astronautas', así é a literatura de Laura Ferrero
Por Marisa Ciordia |
-
Apoio do IES Sánchez Cantón a Fina Casalderrey para que obteña o premio Hans Christian Andersen
Por Redacción |
-
Fina Casalderrey recibirá a Letra E nun acto público previsto para o 10 de xuño en Pontevedra
Por Juan Manuel García Tajes & Anxo Lourido |
-
Un monólito renderá homenaxe á escritora Fina Casalderrey
Por Redacción |